A Pobra celebra o 21 de novembro a gran festa da literatura xuvenil

13 Novembro 2019

A Pobra do Caramiñal é unha vila literaria e proba diso son os grandes escritores que naceron na localidade ou ficaron a vivir nela (Ramón del Valle-Inclán, Victoriano García Martí, Anxo Rei Ballesteros ou, máis recentemente, Manolo Gago, David Pobra ou a pobrense de adopción Laura Novelle, entre outras/os). Outro exemplo de vida literaria ligada á vila témolo en Carlos Mosteiro (1955-2017), nado en Xeve (Pontevedra) pero afincado finalmente no Caramiñal, onde exerceu de mestre, deixando unha fonda pegada. Esta pegada segue viva, e proba diso é a celebración do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello.

Este galardón, precisamente, será o eixe temático das II Xornadas de Literatura Infantil que levan o nome do devandito autor e que se celebran este 21 de novembro no Auditorio do Museo Valle-Inclán, a partir das 20.30 horas.

A cita acollerá unha conferencia sobre a súa narrativa con Pilar Sampedro e máis a entrega do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que este ano, como saberemos, irá dar a mans do escritor Xosé Antonio Neira Cruz por O enigma do baúl pechado. Na xornada participarán Patricia Lojo (concelleira de Cultura da Pobra), Francisco Castro (Editorial Galaxia), Isabel Santos (Asociación Barbantia), o propio Xosé A. Neira Cruz e Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra. A vertente musical do acto, organizado polo Concello, Barbantia e a Editorial Galaxia, será achegada pola Escola de Música da Pobra do Caramiñal.

O galardón

O II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Conello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e Barbantia, ten como finalidade honrar a figura do recentemente falecido Carlos Mosteiro, escritor fundamental da literatura infantil e xuvenil amais de ser un autor moi estreitamente ligado á nosa comarca. O premio consiste na publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore e 1.500 euros para o gañador.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.