A Compañeira de piso chega este venres ao Auditorio de Ribeira

15 Novembro 2019

Como cada venres da presente tempada, hoxe temos unha nova cita coas artes escénicas ao abeiro da Mostra de Teatro de Ribeira. Este venres é a quenda de Contraproducións con A compañeira de piso, de Jen Silverman, unha divertida aproximación a cuestións como a idade, a reivindicación da muller e a identidade. A compañeira de piso é unha das obras de meirande éxito crítico dos últimos anos, dende a súa estrea en 2015 e o seu paso por algúns dos principais escenarios de Estados Unidos, onde foi comparada con Breaking Bad ou mesmo con Thelma & Louise. A que ofrece Contraproducións é a primeira adaptación da obra fóra dos escenarios norteamericanos, desta volta en co-produción co Centro Dramático Galego.

O espectáculo, protagonizado por Patricia Vázquez e Rebeca Montero, cóntanos a historia de Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, que decide publicar un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa, coa esperanza de que se trate dunha alma xemelga coa que compartir inquedanzas, alegrías e mesmo preocupacións. O anuncio é respondido finalmente por Robyn (Rebeca Montero), que resulta ser, cousas da vida, o contrario do que ela agardaba. Isto acontece sobre a papel, pois na práctica resulta que terán máis elementos en común dos que imaxinaban.

A representación de A compañeira de piso comezará hoxe ás 21.30 horas no Auditorio de Ribeira.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.