Ribeira expresa a súa condena ante os sucesos desta semana “vinculados con posibles casos de violencia machista”

10 Outubro 2019

20191010. A corporación municipal do Concello de Ribeira expresa “a súa máis enérxica condena” ante os sucesos acaecidos esta semana na localidade, “presuntamente vinculados con posibles casos de violencia machista.”

Segundo manifestan, “aínda que feitos desta gravidade non son habituais no noso municipio, non podemos deixar de concederlles a importancia que merecen nin permanecer impasibles como representantes que somos da sociedade ribeirense.”

Desde o Concello fan un chamamento ás forzas e corpos de seguridade para que “actúen coa máxima dilixencia e traten de esclarecer os sucesos coa máxima celeridade e, de ser o caso, poñelos a disposición da xustiza co fin de que se adoiten as medidas precisas contra os autores destes presuntos actos e tomen as precaucións oportunas para salvagardar as vítimas e as súas familias.” Así mesmo, agradecen o apoio da sociedade ribeirense á hora de colaborar coas vítimas, así como de denunciar os sucesos ocorridos ante as autoridades pertinentes. De igual xeito, solicitan que todas aquelas persoas testemuñas de situacións similares actúen decontado para evitar chegar a situacións de extremo perigo.

O Concello de Ribeira precisa que se pon a disposición das vítimas e das familias, “mostrándolles todo o seu apoio e medios dispoñibles.”

Neste senso, lembran a existencia dun Centro de Información á Muller (CIM) formado por profesionais na materia, ofrecendo recursos xurídicos e psicolóxicos ás usuarias que o necesiten.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.