O rianxeiro Gonzalo Hermo, no Obradoiro Internacional de Tradución Poética

01 Outubro 2019
O autor de Diario dun Enterro nunha foto de tr3sreinos.com

20191001 A oitava edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética, convocada baixo o epígrafe Con barqueira e remador, vaise celebrar este mércores 2 de outubro na Casa das Campás de Pontevedra, impulsado pola poeta Yolanda Castaño e a Secretaría Xeral de Políticas Culturais coa colaboración da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG). O obradoiro xuntará un grupo de seis poetas/tradutores para desenvolver un traballo de tradución colectiva, presencial e recíproca: un espazo de traballo no que cada quen verterá o traballo dos seus cinco compañeiros á súa propia lingua. Na actividade participará Gonzalo Hermo, poeta de Rianxo, de quen falamos recentemente en O Barbanza para dar conta do recoñecemento obtido pola súa obra Diario dun enterro: o Premio Repsol de Narrativa Breve.

Tras as edicións apoiadas nos idiomas portugués e castelán como linguas vehiculares para a iniciativa na súa totalidade, o obradoiro multilingüe volve agora ao idioma que fora lingua franca nas cinco primeiras entregas: o inglés.

Poetas chegados do Iraq de Portugal, do Nepal, de Malta, de Letonia e de Galicia traballan xuntos para traducírense uns a outros, nunha iniciativa de intercambio cultural na que, ademais devandito departamento da Xunta, colaboran tamén o Centro Camões de Vigo ou o Concello de Pontevedra, entre outras entidades.

En termos concretos participan neste edición do encontro os seguintes escritores e tradutores: Manal Al-Sheikh, Rui Cóias, Itisha Giri, Adrian Grima, Arvis Viguls e Gonzalo Hermo, o representante galego da experiencia.

As convidadas e convidados complementarán o seu labor no obradoiro con dous recitais poéticos que os levará a compartir co público pontevedrés e vigués os seus textos:

· O mércores día 2 ás 20:00 na Casa das Campás, en colaboración coa Concellaría de Cultura de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

· O xoves día 3 ás 19:00 na Galería Sargadelos de Vigo, en colaboración co Centro Camões de Vigo e mais o Festival Kerouac de Poesía e Performance.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.