O colectivo contra o cancro de Ribeira organiza diversas actividades durante outubro para sensibilizar á cidadanía

11 Outubro 2019

20191011. A xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), en colaboración co Concello e Musieventos, organiza unha programación ao longo do mes de outubro dirixida a tódolos públicos co obxectivo de sensibilizar á cidadanía. Ao acto de presentación acudiron a tenente de alcalde, María Sampedro; a presidenta da AECC de Ribeira, María José Carreira; Ángel Blanco, en representación de Musieventos; e María Jesús Paz, vicesecretaria do colectivo contra o cancro.

A tenente de alcalde manifestou que “temos que valorar esta xunta local da Asociación Española Contra o Cancro que temos en Ribeira” polo seu dinamismo e implicación en diversos temas da sociedade. Deste xeito, expresou o seu agradecemento a tódalas persoas que fixeron posible a elaboración do calendario de actividades.

A continuación, María José Carreira procedeu a explicar as características desta programación que non se centra exclusivamente na propia xornada do 19, Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Así, os actos comezan hoxe, venres 11, co primeiro Concurso de Taekwondo Tricking, encadrado na competición Cidade de Ribeira, que terá lugar no pavillón municipal da Fieiteira, en horario de 19.30 a 23.00 horas. O venres 18 procederase á colocación de mesa informativa e cuestación anual na lonxa de Ribeira, de 17.30 a 20.00 horas, así como á iluminación conmemorativa do Consistorio ás 21.00 horas. A xornada do sábado 19 albergará a colocación de mesas informativas e cuestación anual en distintos emprazamentos da cidade a partir das 10.00 horas, ademais da celebración do I Festival Solidario Contra o Cancro na carpa instalada no Malecón. Finalmente, o domingo 20, acompañada pola capela Lauda Sion, oficiarase a Misa solemne na igrexa parroquial de Ribeira, ás 12.30 horas, dedicada a aquelas persoas enfermas e falecidas de cancro. A presidenta da xunta local tamén lembrou a recadación de fondos que se está levando a cabo a través da páxina web https://www.migranodearena.org/reto/20547/recaudacion-de-fondos-para-la-investigacion-contra-el-cancer-de-mama, cuxo obxectivo se establece nos 1500 euros e, polo de momento, levan recadados 700 euros. Ademais, agradeceu a colaboración do Concello de Ribeira e de Musieventos, destacando o labor das 25 mulleres que forman parte da xunta local.

Pola súa parte, Ángel Blanco deu a coñecer os artistas que participarán no festival, sinalando que “había moitos que estaban interesados e que lles gustaría colaborar, pero que por horarios e fecha non podían.” O cartel desta cita está composto por Tacón Gitano e Tanxugueiras -a cargo da sesión vermú-, así como Galifunk Brass, Javi Maneiro, Os Liantes e A Companhía do Ruído -na noite-.

Na súa intervención, María Jesús Paz precisou que a entrada é de balde, podendo realizar donativos quen así o desexe, pois “a finalidade non é recadatoria, é darlle visibilidade á asociación e chegar a todo o mundo.”

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...