O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca

14 Outubro 2019

20101014 Dentro duns días, o 24 de outubro, vaise celebrar o Día da Biblioteca, un dos acontecementos anuais máis importantes do ámbito cultural, sobre todo polo que ten de reivindicación próxima do coñecemento, da lectura, da diversidade e do acceso (vía os libros) a outras linguas, países e puntos de vista.

O Día da Biblioteca, que se celebra dende hai máis de dúas décadas (dende que a Asociación Amigos do Libro Infantil e Xuvenil decidiu propoñer esta xornada para destacar as vantaxes de termos acceso local aos libros e á cultura), vai ter repercusión no Barbanza dende múltiples frontes, unha vez que os diferentes programas de actividades collan corpo na manchea de bibliotecas dos nosos centros educativos e, por suposto, nos espazos de préstamo municipais dos concellos e máis nas axencias de lectura (a Biblioteca de Rianxo, a Biblioteca de Boiro, a Axencia de Lectura de Escarabote, a Biblioteca da Pobra do Caramiñal e a Biblioteca de Ribeira).

O Día da Biblioteca está especialmente adicado ao público infantil e xuvenil. A proposta desta celebración veu da man da dita asociación, en recordo da destrución na Biblioteca de Saraxevo en 1992, e foi apoiada no seu día polo Ministerio de Cultura. Esta conmemoración naceu para “trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana”. A xornada celébrase a nivel galego e estatal e acompáñase dun pregón que se difunde en todas as bibliotecas de España.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.