Chega a Verkami, con contribucións da nosa comarca, a guía definitiva dos paxariños galegos

25 Outubro 2019

Malia que pasear despreocupadamente por un parque, un espazo natural ou un parque urbano semella cada vez máis complicado, segue a ser posíbel facelo. E de conseguilo, seguro que máis tarde ou máis cedo imos atopar algo que nos sorprenda, xa que, por sorte, sempre hai cousas que nunca deixarán de sorprendernos. Por exemplo os chíos dun paxaro que somos quen de recoñecer… ou non. Se non o damos identificado é posíbel que nos lamentemos por non ter algo, un amigo con coñecementos en ornitoloxía, un libro, un manual, unha aplicación, que nos axude a facelo de maneira lúdica e divertida ao mesmo tempo que científica. Xusto neste punto é onde entra en xogo a Guía definitiva das aves de Galicia, escrito por Nacho Munilla e con ilustracións de Pancho Lapeña.

O proxecto de libro, cuxas diferentes partes e capítulos téñense fraguado na nosa comarca, entre outras contornas galegas (Nacho Munilla é un visitante frecuente do Barbanza e, por razóns de investigación, un residente habitual das Illas Atlánticas e a costa circundante), está hoxe tentando materializarse na plataforma de micromecenado (crowdfunding) Verkami, onde xa conseguiu unha cantidade importante de apoios (máis de cen mecenas) e, de seguro, irá conseguindo os que lle restan por acadar mentres fique activo o proceso de mecenado (o prazo dun mes dende hoxe).

En palabras de Munilla e Lapeña, “estamos ante a recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego, unha proposta a medio camiño entre a realidade e a ficción científica, unha guía perdida, cultural, naif e definitiva”.

Respecto do contido da obra, descríbense nela 33 especies de paxariños comúns da avifauna do noroeste ibérico, dando conta da súa bioloxía, os seus hábitats, costumes e personalidade, ao que cómpre engadir un importante ingrediente de folklore paxareiro que nos lembra que a fascinación polas aves é un hábito que vén de lonxe, cunhas raizames que chegan ben fondo no noso patrimonio oral literario, musical e refraneiro.

A guía perdida de Salvador Lueiro

No que atinxe á historia semi-ficticia e semi-real da guía, é un tributo a un libro perdido que ten unha apaixonante historia detrás. Para quen queira coñecela, dicir que se trata dunha obra editada polo selo londiniense John Constable & Sons, que foi case destruído por dous mísiles xermanos V2 durante a Segunda Guerra Mundial, provocando importantes perdas nos almacéns da editorial, onde se acubillaban, precisamente, os exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves de Galicia de Salvador Lueiro. Estes volumes ían ser enviados por mar ao Centro Galego de Bos Aires, pero non puido ser. A pregunta que se fixeron Munilla e Lapeña, en determinado punto das súas vidas, foi a seguinte: destruíronse todos os libros de Lueiro?

“A casualidade”, contan, “quixo que tivésemos a sorte de dar cunha caixa que durmía nos arquivos da Biblioteca Alexander do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford, unha caixa que contiña os poucos restos da guía que se salvaran do lume, e foi a partires deses restos que nos imaxinamos a guía que agora presentamos”.

O libro que presentan en Verkami inspírase no personaxe de Salvador Lueiro, naturalista, ornitólogo, ilustrador e divulgador científico. “A figura de Salvador encarna unha certa maneira de estar e de comprometerse”, explican, engadindo que “ao rescatar a súa obra perdida, naif, culta e definitiva queremos homenaxear a toda esa xente de ciencia e ben obrigada a marchar á forza desta terra nosa”.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.