Chega a oitava edición da Limpeza Simultánea de Praias

07 Outubro 2019

20191007 Os vindeiros 18 e 19 de outubro toca baixar á praia contra vento e marea. O motivo? A celebración da oitava edición da Limpeza Simultánea de Praias da asociación ecoloxista ADEGA, unha quedada ambiental múltiple e colectiva que ten o obxectivo de ir alén dunha recollida de refugallos: búscase sensibilizar sobre a necesidade de coidar os mares e os ecosistemas marítimos galegos e do mundo, entre outras cousas porque o lixo mariño é un problema que non se está a solucionar co traballo das administracións implicadas: necesítase a acción de cada quen e unha liña de traballo divulgativa que debe comezar nos fogares e nos colexios.

Segundo lembra ADEGA, a nivel mundial, cada ano 10 millóns de toneladas de lixo acaban no mar.

A comarca do Barbanza, cuxa participación está aínda por concretar (que entidades participan, que praias se inclúen nos labores nesta edición), é unha das máis contornas máis activas nestas xeiras de limpeza simultánea. O ano pasado incluíronse a praia do Castro-Catía (Ribeira) e máis as de Aguieira e As Gaivotas en Porto do Son. Por entidades, participaron o CEIP Santa Baia (Boiro), o Colexio Bayón de Ribeira e o IES Porto do Son, ás que cómpre engadir (na segunda xornada) o grupo Scout Cham (praia das Gaivotas) e Sachos á Rúa (na praia de Castro-Catía).

A limpeza simultánea de praias que organiza ADEGA está dirixida a todo tipo de públicos, centros de ensino, asociacións e entidades que queiran formar un grupo de voluntarios e voluntarias que acudan á súa praia máis próxima para retirar manualmente os residuos que nela fiquen depositados. No entanto, o venres 18 de outubro, a actividade será desenvolta sobre todo polos centros de ensino, e o sábado 19 polo resto de entidades e persoas participantes.

Para o correcto desenvolvemento da limpeza, ADEGA fará entrega a cada persoa participante dun protocolo de limpeza de praias, no que se explica cales son os pasos a seguir antes, durante e despois da execución dunha limpeza ecolóxica na que non se xeren impactos innecesarios.

O ano 2018 participaron unhas 500 persoas, que conseguiron reunir centros de ensino, entidades ecoloxistas, asociacións culturais, escolas de surf e de mergullo, que contaron ademais coa colaboración de varios concellos. Grazas a esta actuación simultáneas retiráronse das praias galegas máis de 4.000 quilos de residuos, sendo o plástico o tipo de refugallo máis abundante.

Polo de agora, xa se sumaron á VIII Limpeza simultánea de praias de ADEGA 7 centros de ensino, 8 entidades ecoloxistas e deportivas e 8 concellos da costa galega.

Para inscribirnos podemos facelo a través de adega@adega.gal e o teléfono 981570099.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.