A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Artes, no municipio de Ribeira

08 Outubro 2019

20191008. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de realizar as actuacións de limpeza e conservación no río Artes, ao seu paso polo concello de Ribeira, centrándose no treito interurbano no seu percorrido pola parroquia de San Martiño de Oleiros.

Trátase de tarefas de mantemento na contorna do río e intégranse nas actuacións de Augas de Galicia no ámbito da bioenxeñería, nos que se inclúen a protección e estabilización de noiros con elementos naturais. Deste xeito, nos traballos de mantemento realizándose rareos e fixéronse labores para despexar a plantación de herbáceas que afectaban ao desenvolvemento das estacas. Tamén se acometeu a reposición nas plantacións realizadas para favorecer o desenvolvemento do estrato arbóreo e arbustivo, co propósito de acadar unha mellor estrutura e complexidade no conxunto de vexetación de ribeira.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de actuacións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo “a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.