A oitava Limpeza Simultánea de Praias inclúe areais da nosa comarca

15 Outubro 2019

20191015 Esta fin de semana (días 18 e 19) toca equiparse a proba de temporais e baixar ás praias a recoller lixo. Neste senso, a oitava edición da Limpeza Simultánea de Praias da asociación ecoloxista ADEGA é unha loita contra os brazos cruzados, unha loita que xunta xente de todas as idades, profesións e procedencias baixo unha arela común: sensibilizar á sociedade da importancia do xesto de baixar a area e recoller refugallos. Segundo confirma ADEGA, nas xeiras desta fin de semana xa están adheridas máis de 50 entidades (unhas 40 asociacións e colectivos docentes e unha decena de concellos).

As limpezas realizaranse nun total de 20 areais galegos, dos cales a meirande parte pertencen á Costa da Morte, aínda que tamén se prevén limpezas en praias do Barbanza, por exemplo nas praias sonenses das Gaivotas (Grupo Scout Cham), Caveiro (IES Porto do Son) e Aguieira (ADEGA-Compostela) e nas ribeirenses de Corrubedo (co areal obxecto da recollida de lixo aínda por confirmar). Neste último caso, o labor de limpeza de Corrubedo será desenvolvido polos voluntarios de Kiteboardingalicia).

Segundo informa ADEGA, das preto de 50 entidades participantes, 31 serán centros de ensino de secundaria, institutos e a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, que realizarán a súa actividade o venres, 18 de outubro en horario de mañá.

O sábado, 19 de outubro, tamén participarán na VIII Limpeza Simultánea de praias convocada por ADEGA unhas 10 entidades de carácter ecoloxista, de deporte ao aire libre, ou ligadas á produción marisqueira.

Desta volta, colaboran os concellos de Nigrán, Fene, Carballo, Carnota, Fisterra, O Grove, Muros e Outes.

A edición do ano pasado

O ano pasado incluíronse, entre outras moitas, a praia do Castro-Catía (Ribeira) e máis as de Aguieira e As Gaivotas en Porto do Son. Por entidades, participaron o CEIP Santa Baia (Boiro), o Colexio Bayón de Ribeira e o IES Porto do Son, ás que cómpre engadir (na segunda xornada) o Grupo Scout Cham (praia das Gaivotas) e Sachos á Rúa (na praia de Castro-Catía).

A limpeza simultánea de praias que organiza ADEGA está dirixida a todo tipo de públicos, centros de ensino, asociacións e entidades que queiran formar un grupo de voluntarios e voluntarias que acudan á súa praia máis próxima para retirar manualmente os residuos que nela fiquen depositados. No entanto, o venres 18 de outubro, a actividade será desenvolta sobre todo polos centros de ensino, e o sábado 19 polo resto de entidades e persoas participantes.

Para o correcto desenvolvemento da limpeza, ADEGA fará entrega a cada persoa participante dun protocolo de limpeza de praias, no que se explica cales son os pasos a seguir antes, durante e despois da execución dunha limpeza ecolóxica na que non se xeren impactos innecesarios.

O ano 2018 participaron unhas 500 persoas, que conseguiron reunir centros de ensino, entidades ecoloxistas, asociacións culturais, escolas de surf e de mergullo, que contaron ademais coa colaboración de varios concellos. Grazas a esta actuación simultáneas retiráronse das praias galegas máis de 4.000 quilos de residuos, sendo o plástico o tipo de refugallo máis abundante.

Para inscribirnos podemos facelo a través de adega@adega.gal e o teléfono 981570099.

Outros artigos

Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde. As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.