Catro familias de Rianxo poderán habitar en réxime de alugueiro nas vivendas dos mestres

26 Setembro 2019

20190926. O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde Adolfo Muíños, visitaron esta mañá as vivendas dos mestres rehabilitadas en Rianxo. Esta actuación permitirá poñer a disposición de catro familias do municipio vivendas en réxime de alugueiro cunhas condicións vantaxosas, ao mesmo tempo que se recupera un edificio emblemático desta vila e se protexe o seu patrimonio.

Trátase dun edificio de baixo e dúas plantas sito na rúa dos Mestres. A rehabilitación permitiu destinar catro pisos a acoller a persoas que pasen por unha situación de emerxencia social. Os traballos incluíron tamén a instalación dun ascensor no edificio, o illamento térmico e acústico do inmoble e a renovación integral de tódalas súas instalacións.

Este programa de rehabilitación no ano 2019 sumou a súa terceira convocatoria e está dirixido a concellos con menos de 20.000 habitantes.

Ovidio Rodeiro salientou que este non é o único programa a disposición das entidades locais para facilitar unha residencia aos seus veciños, xa que “dispoñen de varias liñas de actuación para recuperar vivendas ou facilitar o acceso á veciñanza.”

Neste senso, lembrou que os rexedores poden adherirse ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia, no que a institución autonómica asume o custo dos seguros de impago e multirrisco de fogar e os adxudicatarios poderían acceder ao Bono de Aluguer Social.

Así mesmo, indicou que a Xunta outorga préstamos autonómicos do Fondo de Cooperación aos concellos galegos, investimentos que poden utilizar para mercar os inmobles para rehabilitar ou para conseguir a totalidade do orzamento necesario para a obra de rehabilitación, xa que as axudas poden chegar a subvencionar ata o 90% da actuación.

Por último, o delegado territorial sinalou que o 2019 está sendo un ano de referencia en materia de rehabilitación, pois foi neste ano no que entrou en vigor a primeira Lei da Comunidade nesta materia, a cal ten por principio básico “que non hai maior desprotección dunha edificación que o abandono ou desuso.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.