Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira son os gañadores de Artemar

10 Setembro 2019

20190910. Os establecementos ribeirenses Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira foron os gañadores dos concursos postos en marcha este verán con motivo da feira artesanal e mariñeira Artemar nas categorías de mellor decoración de local hostaleiro, escaparatismo e de mellor tapa, respectivamente.

O alcalde Manuel Ruiz acompañado do edil de Comercio, Ramón Doval, e da concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazouse ata os negocios para facer entrega dos obsequios aos gañadores. Deste xeito, Manolo García, de Casa Patrón, Diana Muíños, de El Rincón del Chocolate, e Dani Torres, de A Recoveira, recolleron cadansúa distinción.

Cómpre lembrar que o resultado destes concursos derivou das votacións dos propios asistentes á feira Artemar, pois dispúxose dunha urna habilitada para o depósito de votos. En total, emitíronse máis de 800 boletos entre estes certames postos en marcha en colaboración coa Asociación de Empresarios de Riveira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.