Barbantia presenta este venres novo número na compaña de Antonio Piñeiro e Manuel Portas

26 Setembro 2019

20190926 A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Editorial Galaxia e o Concello de Noia van organizar este venres 27 de setembro un faladoiro literario na devandita vila, que contará coa presenza dos escritores Antonio Piñeiro (Ribeira) e Manuel Portas (nado en Barcelona pero afincando en Santiago), que están a ter ampla repercusión entre a comunidade lectora galega cun dúas grandes novidades: A través do fume, de Piñeiro, e Por Puntos, de Portas, ambas publicadas por Galaxia. A cita en Noia dará comezo ás 20.30 na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. No faladoiro presentarase a saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia, número 147.

Amais de Piñeiro e Portas, participarán na xuntanza o escritor limiao (aínda que afincado en Boiro) Antón Riveiro Coello, a vicepresidenta de Barbantia María Xesús Blanco e máis o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón. Durante o acto tamén está prevista a actuación musical do alumnado do Conservatorio de Noia.

A través do fume é unha das máis innovadoras e orixinas propostas literarias das nosas letras recentes. Nela, Piñeiro relata a historia dunha muller que viaxa ao norte de Europa na procura das súas orixes e dun pasado que ten que reescribir a medida que relembra a súa nenez e este proceso de recuperación mestúrase co seu presente en aeroportos, embarques e estacións de tren.

Pola súa banda, Por Portas é unha divertida, irónica e (porén) moi humana aproximación á realidade da xente anónima (e xeralmente solitaria) que se presenta (en Santiago, pero podería ser calquera sitio) ao curso obrigatorio dos condutores que perden, por moi diversos motivos, os puntos precisos para seguir conducindo.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.