A Xunta Local de Seguridade de Rianxo acorda a incorporación da Policía Local ao sistema VioGén

03 Setembro 2019

20190903. O Concello de Rianxo acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se acordou a incorporación do corpo da Policía Local do Concello ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero VioGén así como a creación da Mesa Local de Coordinación Policial contra a violencia de xénero.

Estes dous acordos supoñen un paso adiante na loita contra esta lacra. Cando se formalice a adhesión ao Protocolo VioGén, os axentes da Policía Local poderán colaborar coa Garda Civil de xeito máis eficaz e directo, o cal beneficiará en último caso ás mulleres que nestes intres sofren algunha ameaza de violencia machista en Rianxo. Desde a Subdelegación do Goberno en A Coruña destácase este avance lembrando que en Rianxo hai activos once casos deste tipo no sistema VioGén.

Ademais desta decisión, a Xunta Local de Seguridade aprobou a constitución da Mesa Local de Coordinación Policial na mesma materia. Este órgano de cooperación servirá para mellorar a colaboración entre as forzas de seguridade presentes no Concello e incidirá nunha mellora dos operativos de protección e seguimento.

Por último, desde a Xunta Local acordouse impulsar unha Mesa de Coordinación Institucional en Rianxo sobre violencia de xénero. Este organismo, que ten que aprobar o Concello, serve para poñer en común as inquedanzas, necesidades e recursos dos que dispoñen as diferentes administracións e institucións para previr e loitar contra a violencia machista no ámbito do concello rianxeiro.

No encontro informouse sobre o dispositivo de seguridade previsto pola Garda Civil para os festexos da Guadalupe, aos que tamén se desprazará a Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Coruña.

Na Xunta Local analizáronse tamén os datos de delincuencia rexistrados en Rianxo nos primeiros meses do ano. Os datos aportados pola Garda Civil apuntan a un descenso dun 1’39% do número de infraccións penais cometidas de xaneiro a xullo en comparación co mesmo período do ano pasado. Con estas cifras, Rianxo segue a manter una taxa de criminalidade moi inferior á media da provincia.

A reunión de hoxe no foi presidida polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e contou coa asistencia da vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez, acompañada pola xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Isabel Álvarez; o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña e o capitán da Compañía de Noia, así como responsables de Policía Local e Autonómica, entre outros.

Outros artigos

A Cátedra Castelao da USC proxectará a figura do autor rianxeiro

Este 5 de novembro a Universidade de Santiago activou a Cátedra Institucional Castelao, creada co obxectivo de “promover a difusión e proxección cara ao futuro da vida e a obra do autor e político rianxeiro, e, tamén, a lingua e a cultura galegas”. En palabras do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

Podéis pensar que me refiero a Trump, a las elecciones, a los que mañana lloraran como decía la madre de Boabdil “defiende como mujer lo que no supiste defender como un hombre” , pues no, no me refiero y con gran dolor a las ultimas horas de Kamala Harris, estaba...

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

El buen periodismo se caracteriza por publicar y difundir noticias veraces y opinionesindependientes para que lectores y oyentes conformen una valoración lo más realposible de lo que está ocurriendo en su entorno próximo y más lejano.Pero hoy circulan por la red con...