Veciños de Castiñeiras concentraranse contra o proxecto da depuradora de mexillón

12 Agosto 2019

20190812. Máis de 50 persoas acordaron na reunión do venres na Casa da Cultura de Castiñeiras iniciar unha serie de mobilizacións contra o proxecto de implantación dunha depuradora de mariscos no porto.

Na xuntanza, as intervencións versaron sobre o rexeitamento e malestar veciñal pola “inxustificada intención de instalar a depuradora”, tal e como apuntou Xurxo Ferrón, voceiro do colectivo de afectados.

Ademais, no encontro manifestouse o malestar polo descoñecemento tanto das características e magnitude deste proxecto coma do estudo de impacto ambiental, así como da repercusión no funcionamento do peirao da parroquia.

Segundo sinalou Ferrón, resulta “incomprensible que no 2019 Portos considere que a vinte metros da praia de Castiñeiras, e xusto ao lado da pequena praia do Cornechiño, que vai ver imposibilitado o seu acceso polo dominio público, é un lugar idóneo para unha depuradora de mexillóns.” Así mesmo, entenden que Portos, “minimizando a gravidade do impacto, está permitindo a destrución das rochas do acantilado do Castro.”

Por todo isto, organizan para o sábado 17 unha concentración, ás 12.00 horas, no porto de Castiñeiras contra “este disparatado e anacrónico proxecto.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.