Un total de 14 tendas pobrenses participarán nunha nova edición do Comercio na Rúa

01 Agosto 2019

20190801. Esta fin de semana chega unha nova edición do Comercio na Rúa á Pobra do Caramiñal. Para esta nova convocatoria, o Concello pobrense e a Asociación do Pequeno Comercio teñen preparadas 14 tendas que ocuparán a praza do Emigrante, no centro da vila, ao carón dos xardíns Valle-Inclán. A oferta comercial inclúe moda xuvenil e denim, boutique feminina, moda urbana, moda deportiva e calzado, tanto de adulto coma infantil, así como complementos. As persoas que se acheguen a esta actividade poderán desfrutar das novas coleccións do comercio a prezos rebaixados, ademais de descubrir avances de tempada.

Este evento comercial comezará mañá venres, 2 de agosto, de 17.00 a 23.00 horas, prolongándose durante o sábado e o domingo en horario ininterrompido de 11.00 a 23.00 horas.

Desde o Concello da Pobra e a Asociación do Pequeno Comercio (Centro Comercial Aberto Deán) convidan á veciñanza e visitantes a ser partícipes desta cita.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.