Ribeira acollerá por segundo ano consecutivo a Festa da Familia

23 Agosto 2019

20190823. A segunda edición da Festa da Familia celebrarase o domingo, 1 de setembro, nas inmediacións da ribeirense praia de Coroso, a carón da zona do instituto. A cita deste ano conta cunha ampla programación. Así o deron a coñecer esta mañá a presidenta do colectivo, Puri Cores; a primeira vicepresidenta, Juana Ermitas Crujeiras; e a concelleira de Cultura, María Sampedro.

A edil ribeirense agradeceu este tipo de iniciativas, así como a implicación desta entidade “na vida social de Ribeira, na vida das familias e en tratar de recuperar eses domingos en familia.” Tamén precisou que se trata dun festexo dirixido a todo tipo de fogares, co obxectivo de que todo o mundo se sinta identificado.

Na súa intervención, a presidenta das Amas de Casa, Puri Cores, expresou o seu agradecemento ao Concello ribeirense, concretamente á área de Cultura, e detallou tódalas características deste evento. Deste xeito, inclúe xogos populares, inchables e talleres para os máis pequenos en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas; paella gratuíta ata fin de existencias a partir das 14.00 horas; e concerto a cargo de Pan de Leña ás 16.00 horas. Ademais, manifestou que “tratamos de levantar un pouco a familia ese día de ocio, todos xuntos, como se facía antigamente nas romarías.”

Pola súa parte, Juana Ermitas Crujeiras, en calidade de primeira vicepresidenta, insistiu en que esta cita está aberta para todo o público, sen necesidade de ser socio das Amas de Casa. Aproveitou para lembrar que “nós imos facer moita paella, pero a xente que leve comida para estar alí todo o día, sobre todo, para os rapaces que non sempre lles gusta a comida dos maiores.”

O ano pasado este festexo tivo lugar no parque periurbano de San Roque, cunha participación de 200 persoas, polo que se agarda superar esa cifra.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.