Rianxo recibe axudas para seguir recuperando as Casas dos Mestres

20 Agosto 2019
Ana Pontón e Adolfo Muíños nunha visita recente ás vivendas xa recuperadas

20190920 O Concello de Rianxo vai recibir unha axuda para seguir rehabilitando as Casas dos Mestres, unha liña de traballo posta en marcha no mandato previo de Adolfo Muíños e que constitúe, en boa medida, un exemplo referencial da relativamente nova estratexia do Concello para recuperar vivendas e espazos cun marcado fin social. O novo proxecto de rehabilitación abrangue a recuperación de catro novas vivendas. Estas serán adicadas a aluguer social ou a dar acollida a persoas vítimas da violencia machista ou en situación de emerxencia. A axuda, achegada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, será de 154.000 euros.

Como dixemos, esta liña de traballo do Concello de Rianxo ten a súa orixe na anterior lexislatura do alcalde Adolfo Muíños e o seu equipo, que queren facer avanzar ao máximo esta estratexia de transformación urbana e a súa confluencia coas políticas solidarias. En palabras do Goberno local, o proxecto de vivenda social en alugueiro que desenvolve o Concello de Rianxo “é un exemplo de goberno a favor das persoas, polas políticas de inclusión e de integración”. As Casas dos Mestres levaban máis de medio século abandonadas e en estado de progresivo deterioro e grazas ao traballo realizado polo Executivo rianxeiro xa contan con 6 inmóbeis recuperados.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.