O Malecón ribeirense acollerá unha nova edición da Viamare Stock

02 Agosto 2019

20190802. A décimo cuarta edición da Viamare Stock Feira de Oportunidades chega a Ribeira do 9 ao 11 de agosto. O horario de apertura é de 11.00 a 22.00 horas o venres e domingo, mentres que o sábado será de 10.00 a 22.00 horas. O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez; o secretario do colectivo, Juan Martínez; e o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval, foron os encargados de explicar como se desenvolverá o evento.

Para tal ocasión, no Malecón instalarase unha carpa de 700 metros cadrados que albergará aos 30 establecementos participantes. Así, os asistentes atoparán moda, calzado, complementos, decoración, iluminación e óptica, entre outros, con descontos. Ademais, incorpórase o sector da hostalería, ofrecendo unha degustación de mexillón na entrada do recinto a prezos populares. Así mesmo, un dos stands será apoiado por Frinsa.

O Concello disporá para os máis pequenos de inchables o venres e sábado de 18.00 a 20.00 horas, mentres que o domingo será de 11.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, manifestou que “imos ter actividades paralelas que van contribuír e ambientar a xornada comercial”, coma os sorteos presenciais de 150 euros en vales de compra e o espectáculo de circo que haberá o sábado a partir das 22.00 horas.

Pola súa parte, o edil Ramón Doval, sinalou que nas reunións que manteñen tratan “a necesidade de atraer máis visitantes, potencias clientes para os nosos establecementos, tanto de comercio coma de hostalería.” Tamén indicou que exploran iniciativas para darlle facilidades a estes posibles clientes, coma “conceder facilidades económicas para o aparcamento mediante unha ordenanza que está en estudo”, e avanzou que se esforzan por poñer en valor os recursos cos que conta o municipio “mediante o noso plan de mellora do comercio local que no mes de agosto realizará diversas accións para atraer a veciños e forasteiros.” Dito plan será exposto en breve.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.