O CEMMA lembra a necesidade de aplicar boas prácticas nos encontros con mamíferos mariños

29 Agosto 2019

20190829 Amais dos varamentos nas nosas costas e a aparición repetida de especies de cetáceos que había décadas que non se vían con tal frecuencia, este verán de 2019 será lembrado como un ano especialmente activo na triste práctica de acosar mamíferos mariños nas nosas rías dende embarcacións de recreo, principalmente, aínda que tamén se ten dado o caso de facelo dende barcos de pesca. Boa parte dos usuarios das redes están estes días a denunciar estes hábitos, incluída a entidade galega referencial no ámbito da defensa dos cetáceos (baleas en xeral, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas, etc), a coordinadora CEMMA, que vén de lanzar no seu Facebook imaxes de exemplos do dito acoso e de facer público un código ético no estudo científico dos arroaces (a efectos prácticos, unha escolma de boas prácticas que aplicar no caso de achegarnos a un mamífero mariño).

No código ético lémbrase a conveniencia de parar motores ante a presenza destes animais, á espera de que “sexan eles mesmos os que se aproximen”. Tamén se pon o foco na necesidade de evitar manobras que poidan provocar molestias, e na conveniencia de abandonar o lugar de aproximación en caso de que se detecten sinais de rexeitamento: bufidos bruscos e reiterados, golpes da aleta caudal na superficie ou movementos para afastar os conxéneres da presenza das embarcacións. “Para nós o obxecto principal é que os cetáceos se manteñan tranquilos e non se molesten pola nosa presenza durante o estudo”, explica o CEMMA, advertindo de que se ben a coordinadora non está autorizada a chamar “a atención a ninguén que estea realizando malas prácticas diante dos cetáceos”, si que pode informar á Guardia Civil do Mar da situación.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.