Iniciadas as obras para renovar a cuberta no ribeirense colexio de Deán

28 Agosto 2019

20190828. Acábanse de iniciar as obras para a renovación da cuberta no colexio de Deán, no concello de Ribeira. Esta actuación atópase sufragada pola administración local cun importe que ascende a 17.242 euros.

Operarios de Incor Soluciones Integrales S.L.U. están a ser os encargados de executar estes traballos. Neste senso, a anterior cuberta, formada por pranchas de fibrocemento, atopábase en mal estado ocasionando humidades e goteiras ocasionais no interior.

Co obxectivo de solucionar estes problemas, substitúese por unha nova cuberta de panel sándwich nervado de 4 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado de 50 milímetros cada unha e, entre ambas, un illamento de escuma de poliuretano.

O proxecto tamén inclúe a colocación de baixantes de canalón de PVC, así como a colocación dun falso teito de pladur no patio de unión entre os dous volumes construtivos que integran o colexio.

Está previsto que os labores finalicen antes do comezo do curso.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.