Carlos Lixó presentou As Casas no Festigal

01 Agosto 2019

20190701 Carlos Lixó, poeta de Carreira (Ribeira), presentou a súa nova obra, As Casas, nunha das principais palestras culturais da nosa terra: o Festigal. A cita foi o 25 de xullo, no marco da sección A Galería das Letras, onde se deu conta das principais novidades editoriais do momento na nosa lingua (un total de 10). O poemario As Casas, editado por Espiral Maior, recibiu o XXX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Na presentación participaron o propio Carlos Lixó, e máis Marta Dacosta, escritora, quen reflectiu o encontro co público no seu blog, salientando a oportunidade de desfrute literario que significou o reencontro con As Casas: “A presentación fixo que relese e gozase de novo deste poemario breve mais intenso”.

Carlos Lixó fixo un percorrido polos seus hábitos de escritura (“escribo desde o instituto mais en pequenas doses e de maneira irregular, de aí que o que máis teña feito sexan poemas soltos e relatos”) e polas implicacións desta nova obra na súa traxectoria literaria (“con este libro foi diferente, xurdiu todo á xunta, na primavera de 2017”). O autor lembrou que a súa nova entrega de poemas é en certa maneira un reencontro co noso pasado recente, tal e como sinalou noutra presentación previa: “Nel enfróntome á infancia, á paisaxe e á construción das identidades no rural que nos resta despois da fin do mundo campesiño. Escribo sobre deixar unha casa e todas as casas”.

Sobre Carlos Lixó

Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), obtivo en dúas ocasións o premio de relatos curtos do Concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do Concello de Ames. Publicou poemas na revista Dorna e colabora co xornal dixital Sermos Galiza.

No 2017, segundo nos lembra a Galipedia, foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé polo seu poemario presentado co título Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, e que foi publicado co título As casas, publicado por Espiral Maior. O xurado estivo composto por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.

No 2018 recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo con Alpabardas verdes.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...