As Festas da Guadalupe xa fan ferver as redes

30 Agosto 2019

20190830 En pleno remate de agosto non está de máis lembrar que o verán continúa, e que pola banda de Rianxo aínda está pendente de celebrarse a edición 2019 dun dos grandes acontecementos festivos da nosa terra e de máis alá: as Festas da Guadalupe, que se desenvolven entre o 13 e o 20 de setembro. Para ir facendo boca e para ter ben informada á internacionalmente estendida e coñecida comunidade de seareiros da Moreniña, embaixadores do himno galego non oficial (A Rianxeira), a organización das festas (a Asociación Sociocultural A Moreniña co patrocinio do Concello, a Deputación e maila Xunta) está a xerar nas redes unha intensa actividade.

Por exemplo a través da web das festas, http://festasdaguadalupe.gal/, que está a pleno rendemento, cen por cen actualizada, a xeito de axenda revisada dos principais acontecementos da dita semana e, tamén, como un mapa para non perdernos.

A web inclúe, entre outras seccións, un acceso directo ao programa (en formato PDF) das festas rianxeiras e os cartaces das mesmas e de todos aqueles acontecementos que van incluídos no evento e que o complementan: por exemplo o festival Rock in Rian, a Verbena Infantil, o Rianxo on Fire ou a Festa dos 80 que o día 13 de setembro nos leva directos (e con feitura de revisión musical e estética ao estilo da serie Stranger Things) á década en que trunfaban Os Goonies, os peiteados cardados ou os radiocasetes na praia. A páxina compleméntase con apartados sobre a historia da festividade, sobre A Moreniña (as orixes, a procesión), a canción A Rianxeira (se cadra a canción galega máis escoitada da historia, segundo os organizadores) ou O Feirón.

A actividade informativa da Guadalupe enriquécese ademais cos datos permanente actualizados que se van ofrecendo a través do Facebook, o Twitter ou o Instagram.

Outros artigos

Curso gratuíto sobre técnicas de aproveitamento resineiro en Rianxo

A iniciativa, coordinada polo Concello no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, ofrece formación teórico-práctica sobre a xestión sostible dos recursos forestais. O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza un curso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

Esta mañana, a las 9, comenzaba en el Hostal de los Reyes Católicos un Congreso, que continuará mañana y pasado hasta las 2 de la tarde en la Facultad de Filosofía. Se trata de un encuentro de estudiosos -buena parte de ellos miembros de número de la Academia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.