Adxudicación provisional das obras en dúas rúas da parroquia ribeirense de Castiñeiras

21 Agosto 2019

20190821. A adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación permitirá a pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e da Volta, ambas situadas  na parroquia ribeirense de Castiñeiras.

A empresa que resultou mellor clasificada das 28 ofertas presentadas foi Excavaciones Nima, S.L., cun investimento de 91.740 euros, IVE incluído.

O proxecto abrangue unha área formada por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable cun pavimento de formigón con danos notables como disgregacións e socavóns. Ademais, en ambas vías a rede de abastecemento é de fibrocemento e carecen de rede de saneamento, circulando augas residuais e pluviais por un mesmo colector de formigón.

A tal efecto, renovaranse a pavimentación e os servizos municipais existentes coa substitución da tubaxe por outra de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro; colocación dun colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro; disporase polo centro da calzada de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado.

No que respecta aos pavimentos, usaranse materiais semellantes aos das rúas do contorno, con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito sobre capa de morteiro de cemento.

A actuación está adscrita ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e ten un prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.