Unha nova edición da Carreira pola Diversidade comeza a quentar motores

05 Xullo 2019

20190705. A V Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación AMBAR afronta a súa última semana de inscricións. Foi presentada este mediodía na Casa do Concello nun acto que contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz; a concelleira de Deportes, Juana Brión; a presidenta de AMBAR, Milagros Rey; Maricarmen González, integrante desta entidade que traballou na organización do evento; e o colaborador Abraham Benítez.

Tal e como adiantamos nunha nova publicada semanas atrás, a carreira, que terá lugar o próximo 14 de xullo con saída e chegada á explanada de Coroso, pretende visualizar e poñer en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, e mostrar o papel do deporte como ferramenta de inclusión social real.

Como novidades deste 2019, a categoría absoluta formará parte do calendario oficial de carreiras da Federación Galega de Atletismo, e a proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces, o cal pretende ser un aliciente máis á participación.

A proba absoluta, de 5 quilómetros exactos, terá lugar ás 10.30 horas. Ao finalizar esta proba darase paso ás probas menores nas que nenos e nenas poderán practicar as súas habilidades como atletas, nun ambiente lúdico e familiar. Tralas probas terá lugar a entrega de trofeos entre os clasificados na carreira absoluta e o sorteo dos regalos doados por distintas entidades do municipio. Ademais, ao remate haberá uns aperitivos.

Confirmaron a súa presenza na cita grandes corredores como Jorge González, Juan Antonio Gude, José Lojo, Paulino Folgar ou Esteban Touceda, ademais de Joaquín Dios Martínez despois de afrontar un problema grave e que en palabras de Abraham Benítez xa é de por si o campión da proba.

As diversas modalidades son 5.000 metros zapatilla absoluta (modalidade federada), 5.000 metros zapatilla inclusiva (poderán matricularse nesta categoría tódalas persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras), 5.000 handbike, 5.000 cadeira de atletismo e probas infantís (adaptadas por idade, sen carácter competitivo). Así mesmo, as modalidades de cadeira de atletismo e handbike darán dereito a hospedaxe da persoa deportista e un acompañante a noite anterior, por orde de inscrición ata fin de existencias.

A inscrición pode realizarse mediante a web www.carreirasgalegas.com sendo a data límite o día 11 de xullo ás 23.59 horas. Ademais, nesta mesma páxina web, existe a posibilidade de facer a inscrición do ‘Dorsal 0’ e colaborar de maneira solidaria neste evento. A cota de matrícula é de 6 euros e a recadación irá destinada a programas de inclusión social da entidade como son a formación prelaboral ou os programas de vivenda na comunidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.