Ribeira acollerá en agosto un curso de monitor de fútbol base

19 Xullo 2019

20190719. O municipio ribeirense dará cabida no mes de agosto a un novo curso de monitor de fútbol base dirixido a todos aqueles que queiran iniciar a súa carreira como adestrador.

Para presentar esta iniciativa, compareceron no Consistorio o presidente da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela, e o presidente do club promotor Carreira C.F., Francisco Sieira, acompañados pola primeira tenente de alcalde María Sampedro.

Segundo informou Cancela, desde este verán a superación deste curso é obrigatorio como paso previo ao que serve para adquirir o título de técnico deportivo de fútbol nivel 1, de resultas dunha unificación a nivel de España requirida pola UEFA.

Francisco Sieira confesou que no seo da entidade ao principio foron reticentes a estes cursos pero que agora recoñecen a súa valía e o beneficio que entrañan na formación dos nenos e nenas.

Pola súa parte, María Sampedro salientou a gran demanda deste tipo de accións e a calidade dos profesores que forman parte da Escola de Adestradores coma é o caso do palmeirán Yago Iglesias, de José Manuel Pose, do Vilar, e Álex Parada, de Frións. Tamén destacou a idoneidade do curso de cara ao posible proxecto de unificación das canteiras no que se está a traballar.

O período de inscrición abrirase nas próximas horas e as persoas interesadas poden formalizar a súa asistencia na páxina web www.futgal.es. O mínimo para a súa celebración é de 18 persoas e está aberto a calquera persoa interesada, sexa ou non de Ribeira. Constará de 65 horas lectivas repartidas en 5 semanas, cuxos horarios concretos definiranse xunto ao club promotor, e celebrarase no polideportivo de Palmeira.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.