O BNG de Ribeira propón un plan de mantemento de parques infantís e áreas de lecer

12 Xullo 2019

20190712. A primeira proposta do grupo municipal do BNG ribeirense será un plan de mantemento para parques infantís e áreas de lecer “conscientes de que a veciñanza é moi crítica coa situación na que se atopan algúns destes equipamentos que, por mor do desleixo do goberno local o seu estado de conservación é malo.” Con esta primeira medida, os nacionalistas pretenden solucionar esa situación. Deste xeito, escolleron Bandaorrío para presentar a citada proposta, explicando que esa zona da cidade precisa unha atención especial debido ao seu deterioro e abandono. Así, anuncian que en breve manterán contactos coa asociación veciñal para levar máis medidas adiante que permitan revitalizar o entorno.

Segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, “os parques e áreas de lecer deterióranse máis co paso dos anos sen que o PP adoptase as medidas oportunas para corrixir as deficiencias que calquera persoa atopa en elementos de xogo infantís tales como: elementos rotos, limo acumulado polo paso do tempo, suciedade, ferruxe, valos de madeira sen pintar nin vernizar, zonas de xogos sen acolchar e un longo etcétera.” Tamén consideran que as zonas verdes presentan unha falta de planificación na roza da vexetación, pois “é habitual atopar abundante vexetación que debería estar rozada para que a veciñanza poida desfrutar en condicións da área de lecer cando hai bo tempo.”

O nacionalista expresou que o Concello de Ribeira é consciente destas eivas, xa que “non é a primeira vez que o Bloque trae ao Pleno as deficiencias en zonas infantís e áreas de lecer”, senón que tamén o teñen feito veciños e veciñas a título individual, clubs deportivos ou asociacións veciñais como a Asociación de Veciños de Carreira, a Asociación Social e Cultural de Bandaorrío ou a Asociación de Veciños de Oleiros, entre outros colectivos.

Cobas argumentou a necesidade da proposta explicando que “cando o BNG se presentou ás eleccións, comprometémonos coa veciñanza a desenvolvernos un plan de conservación de parques, xardíns e instalacións deportivas do municipio.”

Por outra banda, o grupo municipal proporá que nos parques haxa indicacións de uso e variedade de xogos para as diferentes idades, así como zonas específicas por idades e actividades.

Desde o Bloque sinalan que esixirán ao Concello a elaboración dun plan de mantemento periódico de parques infantís e áreas verdes de lecer nun prazo inferior a tres meses. Ademais, dito plan, “deberá conter un calendario de acción de mantemento anual e proposta detallada de como se levará adiante.”

Finalmente, instan a que o municipio conte con parques inclusivos e adaptados para cativos con mobilidade reducida pois defenden que “teñen tamén dereito a xogar en igualdade”, así como a adoptar medidas para mellorar a seguridade dos parques que están a carón das estradas.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.