Implantadas novas medidas para o tráfico no entorno portuario de Corrubedo durante o verán

16 Xullo 2019

20190716. O Concello de Ribeira vén de implantar novas medidas dirixidas a evitar nos meses de verán a inseguridade viaria no entorno portuario de Corrubedo e conceder ao mesmo tempo facilidades de aparcamento nas inmediacións, “no ánimo de atallar situacións que poñan en risco a integridade dos peóns nunha época na que poboación e afluencia de visitantes a este pequeno pobo aumenta de xeito exponencial.”

Así e tal como está notificando in situ a Policía Local, o acceso de vehículos motorizados ao porto da parroquia e rúas da contorna estará limitado só a residentes ata o 1 de setembro, exceptuando labores portuarios, emerxencias e servizos de carga e descarga. Desde o Concello sinalan que se entende por residentes tanto aos veciños empadroados no pobo coma aqueles que posúen alí unha vivenda ou residan temporalmente baixo aluguer, hospedaxe ou fórmulas análogas.

Ademais, indican que aqueles cuxo vehículo ou vehículos non estean censados no Concello ribeirense a efectos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica deben poñerse en contacto coa Policía Local acudindo ás súas dependencias ou chamando por teléfono ao 981871178 co fin de comunicar número de matrícula, nome do titular do vehículo e enderezo da vivenda de Corrubedo na que se aloxan. Deste xeito, poderán circular libremente pola zona restrinxida durante xullo e agosto sen expoñerse a posibles sancións.

Por outra banda, a parroquia conta cun novo aparcamento gratuíto de 4.000 metros cadrados con entrada e saída desde o tramo inicial da estrada do faro que se suma ao xa existente na rúa Buenos Aires. Está previsto que esta mesma semana rematen os traballos de acondicionamento e sinalización desta nova área de estacionamento, situada a apenas 4 minutos a pé do centro portuario e con capacidade para uns 150 vehículos.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Accidente sen feridos en Vixán, concello de Ribeira

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron na pasada noite a realizar unha limpeza de estrada por un accidente de tráfico, en Vixan, na parroquia de Carreira do concello de Ribeira. O vehículo saírase da vía, sen ningún outro implicado e sen que ningunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...