David Chipperfield inaugura en Berlín a porta de entrada á Illa dos Museos

18 Xullo 2019

20190718 O prestixioso arquitecto británico afincando en Ribeira (Corrubedo), David Chipperfield, vén de acadar un novo fito na súa carreira, unha traxectoria ateigada de éxitos internacionais. Trátase da inauguración oficial (este mes de xullo en Berlín) do museo James-Simon-Galerie, a porta de acceso á Illa dos Museos da capital xermana. Trátase dunha espectacular construción que culmina unha vizosa confluencia, a de Chipperfield e Berlín, que deita un ronsel de grandes fitos arquitectónicos e urbanísticos, como por exemplo a adaptación aos novos tempos do Neues Museum, bombardeado durante a Segunda Guerra Mundial.

Volvendo á James-Simon-Galerie, é un proxecto longamente madurado dende o estudo de Chipperfield na cidade, unha das obras de meirande significado e implicación da súa traxectoria: unha galería simbólica en todo o termo da expresión, xa que ademais de culminar a devandita relación con Berlín, dá acceso á Illa dos Museos e, tamén, a un novo xeito de entendermos a arquitectura: “Convídanos a lela dunha maneira que transcenda a súa función práctica”, sinalou Chipperfield nunha entrevista.

A obra, que abeira o río Spree e máis o devandito Neues Museum, conecta este inmóbel co Museo de Pérgamo, achegando unha arquitectura limpa e contemporánea que sintetiza o clásico para poñelo á vangarda do moderno. Este xogo de formas e símbolos reforza o seu carácter de ponte, entre o pasado e o presente, entre pobos, entre culturas, entre linguas, entre irmáns.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.