Carlos Brión e Ana Buceta, gañadores da Travesía a nado Illa de Rúa

01 Xullo 2019
Cedida pola xunta local ribeirense de AECC

20190701. Durante a mañá de onte celebrouse en augas da ría de Arousa a terceira edición da Travesía a nado Illa de Rúa organizada pola xunta local ribeirense da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), baixo a supervisión do técnico Juan Carlos Brión. Os gañadores resultaron ser Carlos Brión Sampedro e Ana Buceta Lago.

A saída da proba deuse na illa de Rúa, desde onde os preto de cen participantes tiveron que cruzar a nado os 4.400 metros que os separaban das instalación do Club Náutico Deportivo de Ribeira. A continuación, procedeuse á entrega dos trofeos e dos regalos doados por entidades e empresas colaboradoras.

Ademais, o trofeo para a persoa máis nova foi parar a mans de Ana Buceta Lago, de 16 anos, mentres que ao máis veterano foi para Manuel Antonio Rodríguez Yáñez, de 71 anos.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.