A exposición do CCG sobre o derradeiro discurso de Castelao chega a Pontevedra

26 Xullo 2019

Dende este mércores 24 de xullo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dúas mostras que abordan a historia recente de Galicia dende dúas ópticas diferentes, aínda que complementarias. Unha delas é Alba de Gloria (Unha experiencia), a mostra sobre o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que chega á cidade do Lérez logo da súa estadía no auditorio da súa vila natal. A outra exposición, A intimidade da imaxe, é un xeito de vernos a nós mesmos a través dos ollos doa fotógrafa Anna Turbau (Barcelona, 1949). Na inauguración simultánea das mostras participou Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976), responsábel de Alba de Gloria.

Tamén interviñeron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, e máis Margarita Ledo, comisaria da exposición sobre Ana Turbau.

Respecto de Alba de Gloria, é unha innovadora e ambiciosa recreación do derradeiro discurso do mesmo nome de Castelao, impulsada polo Consello da Cultura Galega, a súa derradeira gran intervención pública pronunciada en vida. Tivo lugar no festival do Centro Galego realizado no teatro Argentino co gallo do Día de Galiza,o 25 de xullo de 1948. Trátase dunha alocución que “enumera as grandes figuras da cultura galega”, lembra o CCG, que explica que arrinca coa figura de Prisciliano e remata con Valle-Inclán, repasando, entremedias, até sesenta e cinco figuras e persoeiros da nosa historia e cultura (entre outras e outros, Alfredo Brañas, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Diego Xelmírez, Benito Vicetto, Alberto García Ferreiro ou san Dámaso).

Como sinalamos con motivo da súa inauguración en Rianxo, Alba de Gloria é un senlleiro acontecemento na historia expositiva galega por varios motivos. Principalmente polo seu épico contido (poderíase dicir que o discurso de Castelao, pleno de emoción é o mellor dos guións posíbeis, un sentido discurso pola nosa historia), pola significativa suma dos seus elementos e, tamén, pola vertente tecnolóxica da que fai gala (inclúe, entre outras cousas, unha abraiante e complexa reconstrución en realidade virtual do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que é o que se ocupa, precisamente, de guiar aos visitantes a través da historia reivindicada no seu discurso).

Acto de inauguración da mostra sobre Castelao en Pontevedra

Segundo salientou o CCG este 24 de xullo, co gallo da inauguración de Alba de Gloria en Pontevedra, a mostra ten un importante fío de conexión coa cidade do Lérez, por estar a súa traxectoria biográfica profundamente marcada “pola súas terras e polas súas xentes”. Por este motivo, sinalou o Consello da Cultura Galega, a mostra “tiña unha parada obrigatoria aquí”.

No caso de Anna Turbau, esta fotógrafa catalá chegou a Galicia en 1975 para retratar as vivendas para familias xitanas proxectadas por César Portela e Pascuala Campos.

O Pazo da Cultura acollerá estas propostas que se poden visitar ata o 25 de agosto (luns pechado. Aberta de martes a venres de 18:00 a 21:00 horas; os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas; mentres que os domingos e festivos abre só en horario matinal, de 12:00 a 14:00 horas).

Outros artigos

Portos de Galicia inicia a concesión para 174 amarres e 470 m² en Rianxo

O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras A Consellería do Mar, a través de Portos...

+

Accidente na AG-11 dirección Padrón, no concello de Rianxo

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro interviron na madrugada deste domingo 20 de abril nun accidente que se produciu no quilómetro 13 da AG-11 dirección Padrón, a altura do concello de Rianxo. O coche bateu contra a meridiana de formigón e posteriormente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...