
Vicente Mariño de Bricio e os restantes integrantes da nova agrupación Partido Barbanza Independente (formado para concorrer nestes comicios municipais de maio por ex integrantes do Partido Popular local e Ciudadanos), apostan no seu programa pola proximidade á veciñanza, polo “diálogo e o consenso” e por “escoitar a todos os veciños sen facer diferenzas para atender as súas demandas”. Amais, manifestaron a súa intención de non “deixar ningunha parroquia abandonada”.
Vicente Mariño de Bricio é farmacéutico en Aguiño.
O candidato polo PBBI concorre nestas eleccións acompañado, entre outras e outros, de Herminia Pouso, Lola Elorduy e Asier Casais, Miguel Ángel Vázquez Salgueiro, Emilio Andrés González Regueira, Gerardo Pardavila Fernández, Asier Casáis Álvarez, Tania Redondo Fernández, José Ángel Silva González e María Jesús Lustres Martínez.