María del Carmen Figueira Ares – PSdeG-PSOE

22 Maio 2019

O grupo do PSOE de Rianxo acode a estes comicios locais co 60% da súa lista renovada e cunha marcada presenza feminina. Na presentación da candidatura púxose o foco no importante traballo previo das integrantes en materia de acción social, laboral, empresarial e cultural. A candidata a alcaldesa salientou que o grupo local socialista representa todos os sectores e ámbitos de actividade do concello, amais das súa parroquias. No seu ideario inclúese a vontade de aproximarse á xente de Rianxo e escoitala.

A aspirante a rexedora, que ten estudos de Filosofía, conta con experiencia na política local dende 1999, comezando como concelleira da parroquia de Isorna. Logo, nas seguintes lexislaturas do PSOE en Rianxo, foi concelleira de servizos sociais e máis de educación e cultura e economía e facenda.

María del Carmen Figueiras integra un grupo en cuxos dez primeiros postos atópanse Francisco Javier García Ares, María José Tembra Muñiz, Rosa Ana García Figueira, José Manuel Suárez Ríos, Gema Becerra Lastra, José Somoza Carou, Luís Tubío Rodríguez,german allut psoe rianxo María Demelsa Iglesias Collazo e Rafael Vicente Figueira González.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.