“Un segundo buque quimiqueiro ameaza as costas galegas nun ano”. Antón Luaces

28 Novembro 2020

Vai un ano, o quimiqueiro Blue Star, de 128 metros de eslora e bandeira de Malta, embarrancou na costa coruñesa das Mirandas, no concello de Ares. O accidente producíuse o 22 de novembro de 2019. Ficou nas rochas nas que “encamara” ata o 10 de decembro. E pouco antes das tres da tarde deste sábado, a costa galega volveu sentir de preto o medo a que, cando menos, poidera repetirse a mesma circunstancia pola presenza en augas desta Comunidade Autónoma  do buque quimiqueiro panameño Sucran-C, ó que daba remolque cara o porto exterior de Punta Langosteira, no concello coruñés da Arteixo, o buque comercial ruso Spasatel Demidov. Cando faltaban doce minutos para as tres da tarde de onte, sábado, o quimiqueiro con pavillón de Panamá quedaba atracado no xa citado porto de Langosteira, após realizar unha dificultosa navegación de 150 millas.
Ata a chegada do práctico do porto exterior, o quimiqueiro Sucran-C, de 99,8 metros de eslora e unha carga de etanol (composto químico coñecido tamén como alcohol etílico que pode entrar en efervescencia a unha temperatura de 78,4 graos centígrados) do que tiraba o remolcador ruso, contou coa colaboración ata o seu atraque en Langosteira do remolcador español Ibaizábal Nueve, con base no porto da Coruña, que zarpou ó seu encontro ao ter coñecemento de que rexistraba un incendio dende o luns pasado en augas británicas. Este incendio motivou que o quimiqueiro quedara ao garete, xa que logo o buque estaba sen máquina e a 150 millas ao norte da costa galega.
O armador do Sucran-C  dispuxo o día 24 a contratación do remolcador ruso, ao que se uniu, como queda dito, o tamén remolcador Ibaizábal Nueve

Os labores de seguemento desta operación de remolque foron seguidos desde a entrada dos buques en augas españolas polo centro zonal de Salvamento Marítimo de monte Enxa (Porto do Son) e o centro da Coruña. Foi mobilizado tamén o remolcador SAR Gavia por se fose necesaria a súa intervención, pero esta non chegou a producirse. Agora serán os técnicos os que determinen  as accións a levar a cabo para a posta en servizo novamente do quimiqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...