Os afectados pola variante de Ribeira agradecen o apoio da oposición nas súas reclamacións

03 Novembro 2020

A Coordinadora de Afectados pola Estrada Variante de Ribeira, en xuntanza celebrada o pasado 21 de outubro, tomou unha serie de acordos relativos ao seu cometido primeiro (reclamar “un proxecto de circunvalación alternativo ao oficial, que se sustente sobre os principios do desenvolvemento integral da cidade, do sustentábel, da redución do impacto medioambiental, dunha mellor xestión da mobilidade e dunha meirande contención do gasto”) e relativos tamén ás posturas que están a manter os diferentes partidos políticos con representación local a respecto da alternativa viaria que reclaman.

En primeiro lugar, os membros da comisión acordaron agradecer aos grupos municipais da oposición do Concello, PBBI, BNG, PSdG e SumaRibeira, “a súa predisposición para facerse eco da reivindicación dos afectados” e apoiar a moción presentada en pleno extraordinario o 19 de outubro pasado por Vicente Mariño (PBBI), coa inclusión da emenda presentada por Luís Pérez (BNG) no punto 1 da devandita moción.

A comisión recorda que os dous puntos recollidos na dita moción quedaron aprobados polo Pleno do seguinte xeito:

· Que se realice un estudo comparativo por parte de persoal técnico cualificado e independente, onde se valore cando menos o impacto ambiental (movemento de terras e taludes, entre outros factores), o impacto social, as incidencias no tráfico así como as posibilidades de desenvolvemento futuro de Ribeira, nos seguintes casos: en primeiro lugar o proxecto proposto pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, en segundo lugar o proxecto distinguido co Premio Ovisa do ano 2018 e en terceiro lugar o proxecto de mellora da estrada CP-7301 entre os lugares de Xarás e Frións.

· Que mentres dure a realización do estudo comparativo anterior, suspenderase temporalmente o proceso administrativo.

Amais disto, a comisión tamén acordou agradecer ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, o seu compromiso de “asumir o devandito estudo” e o xesto de “financialo”, a “fin de atopar a mellor das solucións para Ribeira, que é o que todos pretendemos”.

En terceiro lugar os integrantes da plataforma tamén acordaron designar ao gabinete de avogados Lampón Lampón como representante xurídico da coordinadora de afectados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...