O PBBI pide acelerar a creación do equipo de expertos que estudará a variante de Ribeira e as súas alternativas

24 Novembro 2020

O Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seu portavoz Vicente Mariño de Bricio, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao proxecto da variante de Ribeira, unha iniciativa que, en palabras do concelleiro, está a xerar preocupación entre “boa parte da cidadanía”, e por este motivo foi levada a pleno na sesión do mes pasado, onde o PBBI, a través dunha moción, instou a que se estudasen diferentes alternativas á variante por un equipo de expertos.

O novo requirimento, explican os independentes, vén motivado “polo paso do tempo e polo temor de que sexa esquecida a resolución establecida no mes de outubro”. Nel, o PBBI pregunta cando se vai iniciar o proceso de selección do equipo de expertos, e tamén polas metodoloxías que se van empregar para o labor de elección.

Tamén mostran o seu interese por se será posíbel a participación da comisión de afectados nos procesos de selección, e, amais, se se comunicou á Xunta a resolución do pleno neste asunto e, de ser así, se foi adoptada algunha medida.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...