En Ribeira baixan os positivos afastando a posibilidade de peche perimetral

25 Novembro 2020

A Consellería de Sanidade informa que Ribeira rexistrou este mércores un notable descenso no número de positivo baixando nos últimos 14 días, a 76 casos fronte ós 86.

Estes números provocan unha baixada na incidencia acumulada desde os 319 aos 282 casos por cada 100.000 habitantes. No resto de municipios de Barbanza as cifras non se viron alteradas ou mesmo subiron. Outes e Lousame mantéñense por baixo dos dez positivos nos últimos 14 días, e unha decena son os casos contabilizados en Muros. Rianxo contaba este mércores con 12 enfermos por covid-19, mentres que Noia mantense en 24. Os números de Porto do Son seguen crecendo, con 37 contaxios, mentres que Boiro ten rexistrados 48 afectados e A Pobra aumenta un e suma 12.

De todos los xeitos a última palabra tomarase este venres na reunión do comité de técnicos da Xunta que decidirá sobre a situacións e as medidas a aplicar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...