Dous axentes de Ribeira recibirán a Medalla ao Mérito da Policía Local

19 Novembro 2020
Os axentes de Ribeira Francisco Crujeiras e Juan Antonio González van recibir a Medalla ao Mérito da Policía Local que concede a Vicepresidencia Primeira da Xunta polo seu exemplar labor en acto de servizo, ao salvar a vida da vítima dun atraco con disparo improvisando un torniquete co cinto do uniforme. Concello

Dous axentes de Ribeira, Juan Antonio González Sampedro e Francisco Crujeiras Vidal, van recibir a Medalla ao Mérito da Policía Local que outorga a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, tal e como recolle o DOG deste 19 de novembro, no que se explica a concesión do dito recoñecemento “pola súa intervención nun acto de servizo” e polo compromiso coa súa profesión, “calidade inherente ao ideal de servizo público, predicábel dun bo policía”.

En concreto, a distinción é un recoñecemento ao labor desenvolvido polos axentes tralo atraco perpetrado na gasolineira Agro do Forno, en Salmón, na madrugada do 19 de xaneiro de 2019, onde un operario recibiu un rito de escopeta nunha das súas pernas e os axentes lograron que non morrera desangrado ao improvisar un torniquete co cinto do pantalón do uniforme e unha porra.

Ademais dos policías ribeirenses, tamén van ser condecorados outros axentes dos corpos de policía local de Cee, Tui, Porriño, Pontevedra e Muxía.

Outros artigos

O alumnado de Tahume IX completa a súa formación teórico-práctica

A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, presentouse ás probas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESA) que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...