“Reducen dereitos dos traballadores a bordo das patrulleiras de altura da garda civil”. Antón Luaces

23 Outubro 2020

Dende decembro de 2019, sen previo aviso e con efectos retroactivos, o Instituto Social da Mariña está a aplicar ó persoal civil que realiza a bordo das patrulleiras de altura da Garda Civil as súas funcións profesionais como persoal contratado para as devanditas patrulleiras, reducindo considerablememnte o coeficiente redutor que permite a ese persoal adiantar ata cinco anos -segundo as súas cotización- a idade de xubilación. A maior parte dos traballadores civís nos buques oceánicos citados está composta por mariñeiros de distintas categorías con idades que oscilan entre os 45 e os 60 anos, polo que algúns deles poderían acollerse ós beneficios dos coeficientes redutores, algo que non poden facer xa qyue logo cos novos baremos teñen que retardar ata tres anos eses beneficios.
Estes profesionais están contratados non pola Garda Civil ou un Ministerio, senon  por Gauzón Ibérica, empresa con sede en Ferrol. En concreto trátase de persoal civil que desenvolve nas patrulleiras de altura ou buques oceánicos “Río Miño”, “Río Tajo” e “Río Segura” (o máis novo da xeira) os labores propios dos profesionais da navegación pola súa preparación e titulación como mariños profesionais dado que os do equipo operativo da embarcación corresponden exclusivamente ós membros da Garda Civil  encargados da loita e control contra a migración ilegal, salvamento e axuda humanitaria no mar, incautación de drogas, etc.
O coeficiente redutor pasou a ser do 0,35 ao 0,15, menos da metade do que estaba disposto. Pero é que, a  maior prexuizo, este profesionais -case todos eles residentes en poboacións galegas como son Ribeira, Noia, Boiro, Bueu, Serra de Outes. etc.- non foron informados de tal redución e atópanse inmersos nos labores de reclamación dos seus dereitos en base é maior dos coeficientes, negándolles os mesmos o Instituto Social da Mariña, que non da explicacións de ningún xeito.
Curiosamente, estes mariñeiros galegos desenvolven a súa actividade en buques oceánicos que teñen as súas bases en Cáidz e Las Palmas, e patrullan augas de Senegal, Mauritania, Canadá, Italia, Arxeria (onde hai pouco cadraron con ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska Gómez) etc. , como pode comprobarse das consideradas “de altura”. Ao non ser deste xeito, os mariñeiros perden cotizacións e ven reducidos os seus dereitos sen que ninguén dea conta do por que e, moitos menos, ofreza unha explicación do motivo polo que, entenden os afectados, se conculcan ese dereitos facendo que se apliquen con carácter retroactivo normas aprobadas posterioermente á entrada en vigor dunha lei.  

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...