Os socialistas de Ribeira mostran a súa preocupación polos posíbeis contaxios na festividade do primeiro de novembro

22 Outubro 2020

dav

Os socialistas de Ribeira, a través da súa concelleira Rita Rial, van presentar ao pleno da corporación un rogo relativo á festividade do primeiro de novembro e a actual situación sanitaria, na que a o Goberno galego vén de endurecer as restricións ás reunións de xente (que, como lembra o grupo do PsdG-PSOE, quedaron limitadas a un máximo de cinco persoas).

Os socialistas de Ribeira, ao fío desta nova situación que restrinxe a actividade social co obxectivo de pór freo a unha das principais vías de contaxio (o 90 % dos brotes detectados xorden en contornas familiares e de confianza), preguntarán en pleno “polas medidas de prevención que ten previstas a Consellería de Sanidade para a xornada do 1 de novembro, e días anteriores e posteriores, para evitar posíbeis contaxios nas visitas aos cemiterios do municipio”. Tamén solicitarán información cumprida sobre o plan de evacuación a prol da saúde pública que ten deseñado o Concello de Ribeira o día de Todos os Santos nos cemiterios do municipio.

Outros artigos

A comunidade da Creba recibe formación en seguridade viaria

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva e integradora que traballa nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, vén de realizar unha nova actividade encaixada no Programa de Educación e Saúde Comunitaria na que participaron os centros da Creba. Desta volta, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...