O Son pasa a nivel dous da Covid-19 e Ribeira sube positivos

12 Outubro 2020

Segundo informa o Sergas o concello de Porto do Son é o municipio que acumula un maior número de casos na última semana e sitúase no nivel dous de alerta covid (laranxa), o que supón que neste últimos sete días detectáronse entre 14 e 20 positivos.
No caso de Ribeira concello que onte baixaba ata o nivel verde (menos de sete contaxiados nunha semana), rexistrou nas últimas horas novos infectados, o que provocou que Na xornada do domingo tivese que regresar ao nivel uno, cun acumulado de enfermos que oscila entre 7 e 14, situándose no mesmo tramo no que se atopa Muros.
Quen mellora é o concello de Boiro con menos de sete positivos desde o pasado domingo 4 de outubro.

Na área Sanitaria de Santiago-Barbanza rexistraronse 72 novos positivos na última xornada cifra que duplica á do día anterior. Nestes hai 621 positivos. Deles, 28 atópanse hospitalizados no Clínico de Santiago, tres máis que no último parte, e sete presentan un estado máis grave e están a ser atendidos na unidade de coidados críticos (un paciente máis que onte).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

El inicio de la duodécima legislatura en el Parlamento gallego reconcilia con la política,al menos por unos días. Sin entrar en los detalles de la liturgia protocolaria del acto, haydos imágenes relevantes que captaron las cámaras y publicaron los medios impresos...

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...