“O porto exterior de Punta Langosteira, un monumento ó deslexo”. Antón Luaces

31 Outubro 2020

Non é de estranar a preocupación -amosada esta semana polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña- pola demora que padece a execución do enlace ferroviario do Porto Exterior de Punta Langosteira, unha eiva que lastra dende un principio a realización do proxecto portuario coruñés. O Consello -integrado por representantes de institucións e colectivos sociais e empresariais- trasladaron  a importancia do ferrocarril para completar a operatividade dese porto e propiciar o incremento da actividade de carga e descarga de mercadorías, así como para facilitar a captación de novos tráficos, clientes e investidores. E non seréi eu quen xustifique o ata o de agora realizado por los responsables da Autoridade Portuaria da Coruña -o consello do porto incluido- porque o proxecto do Porto Exterior nunca me gustou e sempre consideréi que o mesmo non é senon a consecuencia de soños faraónicos nunca xustificados na medida que debera corresponder por aqueles que, dende os concellos da Coruña e Arteixo, pasando polo Goberno presidido polo señor Aznar e do que formaba parte o ministro de Obras Públicas, señor Cascos, e a Xunta de Galicia que presidía o señor Fraga Iribarne, sabían que é algo maxestoso pero innecesario para unha Galicia que xa redactara o proxecto do Porto Exterior de Ferrol, distintante escasos quilómetros en liña recta do que aínda se constrúe en Punta Langosteira e nun lugar para nada ben acaído. Nen siquera como porto refuxio.  Pero agora xa non ten remedio: non se pode abandonar o feito, por mal que fose pensado.
 A importancia do ferrocarril para completar a operatividade dese porto –se non queremos perder todo canto se investiu  nas obras xa realizadas, as posibilidades de axudas comunitarias e mesmo engadir a todo elo a inmensa débeda que se arrastra dende un principio- é evidente. O de Langosteira nunca será un porto axeitado ao século XXI de non dispoñer dun tren que vehicule as mercadorías de saída e de entrada. Que poderán dicir as novas xeracións de cidadáns galegos a este respecto?. Non terán vergoña aqueles que o promoveron para tapar as miserias dun accidente marítimo para min indebidamente xustificado?.

Un Protocolo asinado o 18 de abril de 2018 polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e a propria Autoridade Portuaria da Coruña recolle a construción do devandito enlace ferroviario con cargo a fondos dese Ministerio, coa aportación da Xunta de ata 20 millóns de euros, que garanten a titularidade pública dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. E malia o compromiso de Puertos del Estado de tramitar o proxecto diante do ADIF, este nunca se materializou. 
No Congreso dos Deputados, no Parlamento Galego, no concello da Coruña e na Deputación provincial da Coruña o apoio foi unánime para a formulación dese “avante” á reclamación da urxente execución da obra e sen que esta fose unha nova carga para a Autoridade Portuaria. Mais, como dixo o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, “tampouco houbo avances neste senso”. E probablemente -por desgraza- tampouco os haberá no curto espazo de tempo.
Por unha vez coincido co señor Losada cando afirma que “a carencia do ferrocarril provoca unha perda da competitividade do Porto Exterior”. Como se van trasladar os graneis de ou para Langosteira?. Bloquéase a liberación dos portos urbanos -recorda o propio Losada-, e consecuentemente ponse en entredito a solución á débeda da Autoridade Portuaria, lembra asimesmo. Unha proba máis do innecesario desa obra extraordinaria en pleno Cantábrico e no reviro do Atlántico.
Deste xeito, o de Punta Langosteira será o único porto de toda a cornixa cántabro-atlántica e prácticamente de toda España sen acceso ferroviario, di con razón o presidente portuario coruñés. Velaí o por que da reclamación da urxente licitación da obra. Sen tren, como pensan xustificar a existenza dunha estación intermodal na Coruña, cando xa están comprometidas  partidas económicas de todas as administracións públicas -entre estas a da Unión Europea- para que sexa realidade?.  Enrique Losada asegura que non existen partidas específicas  para executar a obra no borrador dos Presupuestos Generales del Estado para 2021, cousa que sí figura explícitamente para a condonación da débeda do Consorcio Valencia 2007.
Un monumento ao desleixo. Isto é o Porto Exterior de Langosteira que, em boa hora e cando menos polo de agora, produce uns substanciosos percebes dos que se benefician os furtivos. 

Outros artigos

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social;mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechosadquiridos...