Denuncian a morte por disparo dun xabarín a escasos metros das vivendas de Tállara, Lousame

28 Outubro 2020

O medio naturalista Ría de Noia e a Asociación Animalista Libera denunciaron un novo incumprimento na nosa comarca da Lei de Caza de Galicia, logo de ter detectado cazadores efectuando disparos nunha zona de seguridade, o que se saldou coa morte dun xabarín a escasa distancia das vivendas de Vilar de Tállara, no concello de Lousame. Segundo lembran, este tipo de accións están prohibidas “de forma explícita” pola norma autonómica.

De acordo coas pescudas realizadas polas ditas organizacións, o animal caeu a 65 metros das casas máis próximas e a poucos metros dunha estrada, malia que o regulamento autonómico establece que as zonas de seguridade son de cen metros e que “nunca se pode disparar cara a espazos habitados”.

Ría de Noia e Libera fan saber que “amais de que parte dos escopeteiros nin tan sequera respectaba medidas sanitarias como a distancia interpersoal ou o uso de máscara hixiénica, poderíanse enfrontar a sancións por unha infracción de carácter grave por circular con armas de caza cargadas, usalas ou disparar en dirección ás zonas de seguridade, agás que se dispuxese de autorización para iso, con até 6.000 euros de sanción”. As organizacións engaden que “pouco parece importar aos seareiros da caza que Galicia sexa a cuarta comunidade en número de accidentes relacionados coa actividade, contabilizando 47 persoas feridas e sete falecidas desde comezo de 2020 até o 6 de setembro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...