A policía autonómica levou a cabo inspeccións no operativo da COVID-19 en Dodro e Rianxo

14 Outubro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 41 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Realizáronse 29 inspeccións en 10 concellos da provincia desde o pasado venres ata o luns, nas que se tramitaron 11 denuncias e houbo 18 persoas identificadas.
Os dispositivos tiveron lugar nos municipios de Ames, Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo, Dodro, Rianxo, Sada, Oleiros e Santiago de Compostela. Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 inspeccións en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das
súas competencias.
As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

Outros artigos

Unha muller ferida nun accidente na autovía en Asados

Unha persoa necesitou atención por parte dos servizos sanitarios logo dun accidente de tráfico ocorrido preto das cinco da tarde deste martes na autovía de Barbanza. O vehículo que conducía saíuse da vía na zona de Asados e terminou envorcado sobre o asfalto. Os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...